Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.
É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.
A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.
E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?
Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.
Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.
Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,… onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.
Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…
Lembran a imaxe da dereita. Que tempos aqueles … en que o Presidente da oposición, Alberte Núñez Feixóo arrimaba o seu ombreiro para arranxar os problemas que padecíamos tódolos galegos. Daquelas -verán do 2006- sufríamos unha vaga de lumes incontrolados e o Sr. Feixóo non dubidou, iso si, vestido para a ocasión (a gracia é de escolar, a foto tamén) en colaborar do mesmo xeito que o fixemos milleiros de galegos: cun sacho, cun pestoiro de xestas, co batelume, coa auga das nosas piscinas,… co que fora. Había que rematar con aquela longa noite de san xoan coa que xa se adiviñaba Galiza dende as estrelas. Por iso, dende mOendo do Revés, que amais de revirado, tamén temos un punto gracioso, quero propor un concurso para este verán, co ánimo de amosar a nosa clase política ate onde a xente de a pé estamos dispostos a deixalo todo para botarlle unha man a un veciño que o está pasando mal pola ameaza do lume.
Bases do concurso:
Para participar no concurso só teredes que enviar unha foto vosa apagando nun lume, iso si, preparados para ocasión. Por exemplo, que vas bailar a muiñeira na festa do teu pobo, pois nada, colle un batelume e a apagar co traxe tradicional galego; que vas de voda e, por riba es a noiva,… nin o penses, non terás mellor foto para o recordo que esa, ti e un mangado de xestas mallando no lume;… por suposto, obedecede sempre as consignas da persoa que estea ao mando. Si alguén as saltou, quedará descalificado.
As fotos deberedes mandalas á caixa de correo que se agocha detrás do sobre que aparece na cabeceira deste blog, identificando as persoas que aparecen nela, que non teñen porque ser os que envíen a foto. Imaxinade (cumpre ter moita imaxinación así que si non é o voso caso podedes saltarvos estas liñas) que vos atopades a Pachi Vázquez abrindo cortalumes cun buldocer prestado polo goberno central, esa foto vale -e moito, son escasos eses aparellos por aquí-; ou a Francisco Rodríguez prendendo lume a un monte de eucaliptos,… pois non, esta non valería (os contralumes só pode realizalos unha persoa especializada). Ten que ser fotos de xente colaborando na solución dun problema colectivo, non que ande a crealos.
As fotos irémolas publicando a medida que as vaiades achegando. O día límite para o envío será o 14 de setembro (festas en A Sainza). Podedes engadir os comentarios que vos pareza e, dende logo, os dereitos das mesmas pertencerán as persoas que as envíen (sendo responsabilidade súa a non autoría).
Premio:
O premio será para a persoa autora da foto que máis votos reciba nunha enquisa que se realizará entre o 15 de setembro e o 30 de setembro. E cal é o premio? Esta estupenda mangueira de rego de goma de ate 50 metros de lonxitude! Con esta si, poderás logo realizala foto da túa vida.
Quen podería dicir unha barbaridade semellante? Pensen. É “ourensán“, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.
*fíxense que os adxectivos van entre comiñas.
Non hai moito a mesma persoa, noutra conversa dicíame “Es inevitable que el grande se imponga, es antinatural, no práctico y antieconómico intentar lo contrario”. Fálame sempre en castelán porque iso ao parecer o fai máis “chic” (é o que se impón), máis natural, máis práctico e máis económico. Imaxino que o que economiza son neuronas que é o que máis se pode gastar adquirindo coñecementos. Nótaselle que ten aforrado moito e non só na aprendizaxe de linguas.
Estas dúas frases poderían resumir toda a súa ideoloxía, mais, a máis clarificadora é o lema do seu partido “ni de derechas, ni de izquierdas, de Ourense”. Quere dar a entender que o que máis lle preocupa a esta formación é a súa cidade? e os seus cidadáns? Eses non tanto. Ourense é unha cidade do Sur de Galiza, galega por tanto, na que se fala galego aínda que a algún ignorante que na súa vida saíu do centro o ignore. Imaxino que é aí onde recolleita os votos a súa formación (Paseo e arredores).
Autoproclámase, sen que ninguén o designase para tal cousa, representante do pequeno comercio local, e fala por todos. Evidentemente non fala máis que por si mesmo, aínda que, ben visto, o que lle falla ao comercio local da nosa cidade sexa exactamente o que lle falta a el: identidade propia, sen a cal é imposible competir co comercio invasor (grandes superficies) e no comercio exterior (ao non ter nada novo que ofertar).
Ando eu dándolle voltas ao muíño, do revés, coma de costume, acerca de diferentes temas de actualidade nesta terra esquecida -para algúns, os de sempre-.
Catalunya é unha nación
… por que o di o pobo catalán, o único no que reside a soberanía popular. A algúns neodemócratas cumpre lembrarlles o significado da soberanía popular. Esta, a soberanía popular, non pode delimitarse espacialmente, circunscribíndoa a un espazo determinado a conveniencia dunha maioría (porqué debe decidir o Estado español sobre a soberanía doutro pobo, porque non tódolos cidadáns da UE ou do mundo? O dereito a determinar libremente o futuro correspóndelle individualmente a cada pobo), ou temporalmente, obrigando a que se cumpra unha constitución, só en parte, na parte que interesa a uns poucos (podería estenderme en dereitos como o do traballo, vivenda digna, a cultura, e tantos outros que non se cumpren nin hai Tribunal Constitucional que os faga cumprir), que foi votada baixo a ameaza dunha ditadura, silenciando os seus crimes, por unha parte da poboación que hoxe en día xa non vive. A maioría dos que hoxe temos dereito a voto non eliximos ter esta constitución. Sobra facer números.
Galiza, nación de fábula
Di o PSOE que Galiza é “nazón de Breogán”. Logo da vitoria do combinado hispano, con maioría cuantitativa e cualitativa catalá, penso que os socialistas son excesivamente optimistas. O nacionalismo decimonónico que practica a UPG coa pel do BNG non fixo máis que impulsar o crecemento do sentimento nacionalista español en Galiza afastándose desa concepción de leira balada coa que Francisco Rodríguez imaxina a nosa terra. Nin balados nin leiras, estamos no século XXI, e as alternativas que temos son dúas: globalización ou glocalización, isto é, actuar localmente sen deixar de pensar globalmente. O nacionalismo galego nin arre nin xo, a diferencia do catalán, que si soubo atopar un sitio no imperio europeo e o seu pobo, como demostrou o sábado pásado, ten conciencia de saber a parte que ocupa. A solución máis real para acadar novas cotas de soberanía pasa pola construción da Europa dos pobos e afondar na desaparición do Estado como instrumento de goberno, ao meu entender e seguindo a José M. Colomer (Grandes Imperios, Pequenas Nacións, 2006), un instrumento caduco. A diferenciación entre nacións con estado e nacións sen estado só desaparecerá cando sexa abolido o estado, non pola adquisición da condición de estado. Pode e debe perseguirse o recoñecemento de Galiza como nación do imperio europeo. O futuro da nación galega pasa por acadar unha Unión Europea que pense menos na economía e máis nas persoas, nos seus dereitos, nas súas culturas, nas súas diferencias, e faga disto un valor.
Non comparto co nacionalismo galego que Europa sexa un problema. Vexo nela a solución. O que ocorre é que o nacionalismo galego quedou trabado séculos atrás. Mentres non se decaten, a rojigualda seguirá ondeando nas nosas prazas cos trunfos alleos. É a vitoria do nacionalismo popular sobre o nacionalismo cívico, como ben diferencia Xoan Hermida. On non, que diría outro muiñeiro.
A maior causa do quecemento global é o comercio global, SATISH KUMAR
Un total de 2.327 visitantes chegaron a mOendo.net a través dos buscadores. O máis utilizado deles foi Google, empregando 951 palabras ou conxunto de palabras para chegar ate aquí.
Top 20 das palabras máis empregadas:
|
|
Número Visitas | Páxinas por Visita | Tempo de estadía |
% Novas Visitas
|
||
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | 271 | 3.05 | 00:04:27 | 30.26% | ||
| 2. | 252 | 3.03 | 00:05:25 | 35.71% | ||
| 3. | 131 | 2.34 | 00:03:28 | 30.53% | ||
| 4. | 79 | 2.04 | 00:01:56 | 0.00% | ||
| 5. | 72 | 1.46 | 00:01:06 | 87.50% | ||
| 6. | 44 | 2.34 | 00:01:44 | 4.55% | ||
| 7. | 30 | 2.57 | 00:04:17 | 0.00% | ||
| 8. | 28 | 2.43 | 00:06:49 | 3.57% | ||
| 9. | 25 | 1.28 | 00:01:52 | 4.00% | ||
| 10. | 24 | 1.25 | 00:00:29 | 4.17% | ||
| 11. | 21 | 4.67 | 00:08:07 | 42.86% | ||
| 12. | 20 | 2.35 | 00:04:15 | 40.00% | ||
| 13. | 18 | 4.50 | 00:12:11 | 0.00% | ||
| 14. | 15 | 1.07 | 00:01:39 | 6.67% | ||
| 15. | 15 | 2.13 | 00:02:14 | 40.00% | ||
| 16. | 14 | 1.14 | 00:00:28 | 85.71% | ||
| 17. | 14 | 2.14 | 00:08:41 | 14.29% | ||
| 18. | 13 | 2.38 | 00:06:49 | 46.15% | ||
| 19. | 12 | 2.42 | 00:12:47 | 0.00% | ||
| 20. | 12 | 2.67 | 00:03:04 | 83.33% | ||
Top 20 dos sitios de referencia:
| Fontes de referencia | Número Visitas |
Páxinas Vistas
|
Tempo estadía |
% Novas Visitas
|
|||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | 2,051 | 2.36 | 00:03:27 | 48.81% | |||
| 2. | 1,070 | 1.94 | 00:02:34 | 42.24% | |||
| 3. | 1,002 | 1.47 | 00:01:33 | 61.58% | |||
| 4. | 794 | 1.17 | 00:00:34 | 94.46% | |||
| 5. | 679 | 2.19 | 00:03:44 | 21.94% | |||
| 6. | 557 | 2.46 | 00:03:48 | 27.65% | |||
| 7. | 433 | 2.02 | 00:03:57 | 53.81% | |||
| 8. | 383 | 1.97 | 00:03:36 | 31.85% | |||
| 9. | 286 | 1.85 | 00:02:33 | 72.03% | |||
| 10. | 281 | 2.02 | 00:03:20 | 54.45% | |||
| 11. | 236 | 2.65 | 00:07:55 | 4.66% | |||
| 12. | 223 | 1.83 | 00:01:52 | 58.74% | |||
| 13. | 221 | 1.74 | 00:02:58 | 40.72% | |||
| 14. | 217 | 1.74 | 00:01:55 | 67.28% | |||
| 15. | 165 | 2.22 | 00:04:31 | 50.30% | |||
| 16. | 137 | 1.61 | 00:02:11 | 32.12% | |||
| 17. | 127 | 2.11 | 00:04:52 | 14.17% | |||
| 18. | 115 | 1.40 | 00:01:07 | 78.26% | |||
| 19. | 112 | 1.31 | 00:01:00 | 88.39% | |||
| 20. | 102 | 1.68 | 00:01:32 | 70.59% | |||


























derradeiros comentarios